Alberto Lema: “A literatura (auto)referenciada”
4 Comentarios »
Semente RSS para os comentarios desta anotación. URL do trackback
Semente RSS para os comentarios desta anotación. URL do trackback
funcionando en WordPress | Deseño de TheBuckmaker.com
Estou de acordo na presenza da figura da nación na poesía de 90. Pero cres que é realmente relevante? Cales son outros temas comúns que se mostran explícitos nestas xeracións e que poderían servir para definilas, alén da marca temporal?
Cal é ese “xeito novo” que, segundo ti, caracteriza a liña “nacional” nesas poetas? Que elementos concretos atopas nelas vencellábeis a esa liña ideolóxica?
Ben, non estou seguro de que este sexa o mellor lugar para esta discusión, pero alén de teimas esotéricas, non pretendo buscar un denominador común na expresión do polítco e/ou nacional desas tres poetas dos noventa, o que tentaba era expor tres das posibilidades desa escrita, e como, ás veces, os textos aparentemente menos políticos son moitas os que mellor representan os, por así chamalos, arquetipos políticos dunha comunidade, mentres que outros aparentemente máis políticos, e debería pór sempre esa palabra entre aspas, o que manifestan é unha vontade de desfacerse precisamente da obriga do político. Non sei se me explico, en todo caso, beizóns a Inma e a Tati polos seus interpelos.
pois a min encántame a proposta e paréceme necesaria. Eu tamén vexo “nación” nelas! e para que vos fagades unha idea, ensiñeille o videciño a unha amiga e dixo: quen dixo que era unha xeración apolítica! jeje. Bicos, que ganas de estar aí!